Sachos á Rúa fai un chamamento á veciñanza de Ribeira para participar na plantación do bosque comestíbel de San roque

29 Xaneiro 2026

A asociación agroecolóxica da nosa comarca Sachos á Rúa convida a toda a cidadanía de Ribeira, e moi en particular ao alumnado e profesorado dos colexios cos que levamos tempo colaborando, á primeira fase de plantación do Proxecto Comunitario de Bosque Comestible do Parque Periurbano de San Roque.

Esta primeira fase de plantación desenvolverase na primeira semana de febreiro: o martes, día 3, de 10:00 a 13:00; e o sábado día 7 de 10:00 a 14:00.

Os bosques comestíbeis son unha alternativa ambiental que imita a estrutura funcional dun bosque natural e permite cultivar alimentos aproveitando o espazo e recuperando solos degradados, constituíndose ademais como unha protección natural contra os incendios forestais do verán.

Os bosques comestíbeis achegan os seguintes beneficios:

-Conservación da biodiversidade.

-Autorregulación.

-Beneficios para a aterra: melloran a súa estrutura e fertilidade.

-Impulsan a absorción de CO2.

-Achegan alimentos e recursos naturais.

-Contribúen a evitar a propagación de lumes grazas á humidificación do terreo e a baixada de temperatura que proporcionan.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.