Ribeira reforza a súa aposta pola reciclaxe de residuos orgánicos e simplifica o sistema de apertura do colector marrón

26 Xaneiro 2026

O Concello de Ribeira anunciou este luns 26 de xaneiro que vai intensificar a súa aposta por simplificar o sistema de apertura dos colectores marróns que xa están instalados nas rúas do municipio. Para iso, o Goberno local suplirá as actuais pechaduras de tarxeta electrónica por un sistema de chave mecánica, máis sinxelo de usar e cun custe de mantemento moito máis baixo.

Por este motivo, a partir de agora, a veciñanza que queira seguir facendo uso do colector marrón poderá recoller a súa chave na carpa da campaña informativa, Ti tes a Chave, que o Goberno local instalará nas rúas de Ribeira:

– Martes 27 de xaneiro, en horario de 10:30h a 13:30h e de 15:30h a 18:30h en rúa de Galicia, á altura da farmacia Fernández Sanmamed.

– Xoves 29 de xaneiro, en horario de 10:30h a 13:30h e de 15:30h a 18:30h na praza do Concello.

Do mesmo xeito, as persoas que o prefiran poderá tamén recoller a súa chave dirixíndose ao Concello en horario de atención á cidadanía. En vindeiras semanas, a Administración local informará de novas datas, localizacións e horario mediante as redes sociais do municipio.

As familias que desexen solicitar a chave e sumarse á separación e reciclaxe dos residuos orgánicos poden facelo cubrindo o formulario web habilitado. Tamén poden consultar a localización dos colectores máis próximos á súa vivenda mediante este mapa.

Información porta a porta a hostaleiros e comerciantes

Ademais, durante o mes de febreiro, o Goberno local vai levar a cabo unha campaña de información porta a porta aos grandes xeradores de residuos orgánicos, como son o sector hostaleiro e comercial entre outros.

As visitas realizaranse ao longo do mes de febreiro, e nunha primeira cita vaise a informar directamente aos responsábeis dos establecementos da obriga que teñen de separar os residuos orgánicos, e tamén poderán sumarse á campaña. Logo levaranse a cabo visitas de seguimento e control que se realizarán durante os vindeiros meses.

Esta iniciativa serve tamén para recordar que os residuos que deben depositarse no colector marrón son os restos de froita, verdura, carne e peixe, cunchas de mariscos ou froitos secos, restos de pan, café, infusión, papel de cociña, restos de plantas, cortizas, en definitiva calquera resto orgánico.

Pola contra, queda prohibido depositar neste colector os envases, cueiros, compresas, bastonciños dos oídos, plásticos e outro tipo de residuos non orgánicos.

O Concello de Ribeira aproveitou tamén para recordar a importancia de que a veciñanza tome conciencia de que o obxectivo de acadar un municipio máis sostíbel é responsabilidade de todos e todas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.