A Policía Local de Noia e a Garda Civil recuperan obxectos roubados en vehículos

19 Xaneiro 2026

A Policía Local de Noia informou da recuperación este sábado dunha serie de obxectos supostamente furtados en coches ao longo dos días pasados. Segundo explicaron os axentes, “na tarde deste 17 de xaneiro e grazas a colaboración cidadá, a Policía Local de Noia xunto con axentes do posto da Garda Civil de Noia procederon á recuperación de catro pares de gafas de sol que puideran ser furtadas no interior de vehículos nas últimas datas”.

O suposto autor foi identificado e xa se ten constancia de titularidade dunha delas, feitos polos que se procederá a instrución de dilixencias policiais.

A Policía Local de Noia fixo un chamamento aos cidadáns para que no caso de “teren sido obxecto dalgún feito destas características na nosa localidade, contacten coa Policía co fin de acreditar a súa titularidade e interpor a correspondente denuncia para a recuperación do obxecto”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.