Do 30 de xaneiro ao 17 de febreiro, o Edificio Casino de Noia acolle a exposición do 19º Premio Internacional Luís Ksado de Creación Fotográfica, unha mostra que reúne os traballos gañadores, mención de honra e proxectos finalistas deste prestixioso certame. A exposición presenta unha escolma de proxectos fotográficos contemporáneos que abordan diferentes miradas sobre a realidade, a memoria, o territorio e a transformación, a través de linguaxes visuais moi diversas. Trátase dunha actividade cultural realizada coa colaboración da Deputación da Coruña. Poderá verse no Casino de Noia até o 17 de febreiro.
Juan de la Quintana foi o gañador do XIX Premio Internacional de fotografía Luís Ksado da Deputación. A súa serie I gotta change aborda con sensibilidade e rigor a saúde mental, destacando pola súa forza visual e ou seu enfoque humano e contemporáneo. O xurado acordou conceder unha mención de honra á serie L’orta sud, de Óscar Corral, fotoxornalista galego recentemente galardoado co Premio Ortega e Gasset 2025.
As obras premiadas e finalistas forman parte da exposición itinerante que arrincou o pasado 1 de outubro no Museo do Pobo Galego e que recala agora en Noia.




