Portos e Afundación reforzan a súa colaboración para a retirada de residuos nas dársenas

28 Xaneiro 2026

Portos de Galicia, ente público adscrito á Consellería do Mar, e Afundación, que desenvolve a obra social de Abanca, avanzaron este mércores 28 de xaneiro na definición de novas vías de colaboración para a retirada de residuos nas dársenas autonómicas, no marco do proxecto Plancton. Así quedou de manifesto esta mañá na reunión do presidente de Portos, José Antonio Álvarez, co director desta iniciativa de Afundación, orientada ao desenvolvemento sostible das actividades socioeconómicas vinculadas ao mar, José Manuel Mourelo. 

No encontro, ambas entidades coincidiron en salientar o traballo que os voluntarios que participan no proxecto Plancton desenvolven actualmente nas dársenas de Sanxenxo, Portonovo e Combarro nas que levan a cabo a retirada de residuos dos fondos mariños. Ademais, propuxeron a posibilidade de ampliar o ámbito do proxecto a outros portos de titularidade da Xunta de Galicia e de sumar aos traballos nos fondos mariños a retirada de residuos en zonas de terra que acollen mercadiños e festas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.