“Pensamento cívico”. Loís Celeiro

01 Xaneiro 2026

O intelectual galego e profesor na Universidade de Barcelona, Camilo Fernández Valdehorras, veu a Galicia, en xira de presentación da revista que el dirixe,  ‘reNova Galiza’, do Foro Cívico Galego de Barcelona. No mesmo volume, de 366 páxinas, están os números 5, 6 e 7, xunto cun caderno conmemorativo do vinte e cinco aniversario do Foro Cívico Galego de Barcelona, asociación fundada en 1999 e, como tal, rexistrada no Rexistro de entidades da Generalitat de Catalunya, en 2002.

Os promotores din que se trata dunha revista de pensamento cívico, estudos culturais e solidariedade galega. Nas presentacións en Santiago, Coruña e Lugo, o director di que ‘reNova Galiza’ é unha publicación que bebe do espírito de `Nova Galiza´, dirixida por Castelao, Dieste e Carmen Muñoz en Barcelona, entre 1937 e 1938.

E, segundo a propia publicación, saída do prelo o pasado trinta de outubro, trátase do “tributo e conmemoración do setenta e cinco aniversario do pasamento de Daniel Rodríguez Castelao”. Para ler os textos desta revista cómpre tempo. Son moitos e longos, son para reler, para pensar, falar deles, aprender e recordar. Son textos sobre a nosa cultura, as nosas palabras, o pensamento, a nosa xente, da terra e da diáspora.

Todos eles son textos que falan de nós, do que fomos e do que pretendemos. De nós, da arte de nós, da política, da literatura, da emigración e da solidariedade conveniente. Nun deles, o xornalista Perfecto Conde escribe sobre a casa natal de Castelao e comparte a idea de que debe ser tomada en consideración, xunto coas de Rafael Dieste e Manuel Antonio. As casas destes ilustres rianxeiros deberían formar parte do patrimonio cultural de Galicia.

Son moitos e interesantes os temas a tratar nesta publicación e moitas as persoas e os personaxes relacionados, un deles é Jei Noguerol, aquel cantautor que, nos anos setenta, reivindicaba o arranxo da carretera: “Señor ministro por favor / Amañe-me a carretera / que máis parece un camiño / que non se pode andar sequera…”.

E, despois dun concienciudo repaso aos andares literarios e culturais dos últimos anos, remata esta revista-libro,  ao gusto da Tía Manuela, cuns versos de F. Delgado Gurriarán, “Galicia é infinda! / Nosa Galicia é máis que toda a terra… / Galicia só limita coa Saudade…”.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.