Os Reis Magos xa iniciaron a súa xira polo concello de Porto do Son

05 Xaneiro 2026

As Súas Maxestades de Oriente están xa polo Barbanza e entre os moitos núcleos que teñen previsto visitar na súa intensa axenda de actividades figuran as parroquias de Porto do Son.

Os Reis Magos visitaron MIñortos e Portosín a primeira hora deste 5 de xaneiro

A xira polos núcleos sonenses comezou a primeira hora en Miñortos, ás 10.00 horas, e prosegue logo en Portosín, Nebra, o Centro de Día, Noal, Baroña, Queiruga, Caamaño, Xuño e San Pedro, ata desembocar pola tarde na fachada marítima de Porto do Son.

A continuación damos conta do programa de actividades.

Miñortos / Igrexa: 10:00h – 10:20h

Portosín / Praza do Curro: 10:35h – 11:00h

Nebra / Local Parroquial: 11:30h – 11:50h

Visita ao Centro de Día de Porto do Son

Noal / Fronte á fonte de Cabanela: 12:10h – 12:30h

Baroña / Bar 85: 12:50h – 13:10h

Queiruga / Casa da Cultura: 13:25h – 13:45h

Caamaño / Casa da Cultura: 15:45h – 16:05h

Xuño / Casa da Cultura : 16:20h – 16:40h

San Pedro / Casa da Cultura: 16:55h – 17:15h

Ás 18:15h comezará a Cabalgata de Reis na fachada marítima de Porto do Son acompañados de veciños/as, ANPAs e Asociacións locais

Os horarios son aproximados.

O Concello de Porto do Son organiza esta actividade coa colaboración da veciñanza, das ANPAS e das asociacións locais.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.