Os maiores de Dodro despediron 2025 nos obradoiros de Memoria e Alfabetización

05 Xaneiro 2026

Os maiores de Dodro despediron o 2025 nos Obradoiros para Maiores organizados polo Concello para proporcionar autonomía, independencia, saúde e apoderamento á poboación sénior dos núcleos do municipio.

Co obxectivo de “seguir coidando dos nosos maiores tamén en Nadal”, os Obradoiros de Memoria e Alfabetización de Adultos organizaron unha festa para despedir as clases ata o ano que ven e, de paso, celebrar estas festas sinaladas.

O alumnado desfrutou dunha xornada especial, na que non faltou a diversión e unha merenda, nun ambiente distendido e de festa.

As clases retomaranse a semana do 8 de xaneiro retomando a programación coa metodoloxía habitual. Deixamos unhas imaxes de esta última clase do 2025.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...