Os clubs de lectura, con presenza en Rianxo e Muros, chegan ao medio milleiro

07 Xaneiro 2026

Un total de 500 centros educativos desenvolven este curso clubs de lectura co apoio da Xunta, o que supón un aumento de case o 10% tras a incorporación de 51 novos colexios e institutos. Esta iniciativa, enmarcada no Plan LÍA (Lectura, Información, Aprendizaxe) de bibliotecas escolares da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, ten como obxectivo “fomentar este hábito entre o alumnado de todas as idades, promovendo tamén a participación de outros membros da comunidade educativa como as familias nesta experiencia”.

Ademais, estimúlase o uso da radio e das novas Tecnoloxías de Comunicación e da Información de forma natural nas súas actividades (blogs, vídeos, booktrailers, redes sociais, presentacións…), así como dos dispositivos dixitais de lectura.

Poden participar no programa tanto os centros de Educación Infantil e Primaria como os de Secundaria, os colexios rurais agrupados, os de Educación Especial, os de FP, os centros de adultos e os centros de ensinanzas de réxime especial (conservatorios e escolas de idiomas).

Por provincias, 189 dos centros integrados no programa son da Coruña (24 de nova incorporación este curso), 70 de Lugo (seis novos), 57 de Ourense (tres novos) e 184 de Pontevedra (18 novos). A relación completa de centros participantes pode consultarse na resolución no Portal Educativo.

Os centros de nova incorporación son os reflectidos na seguinte listaxe:

Provincia da Coruña

-A Coruña

CEIP Plurilingüe Concepción Arenal

-Ames

CEIP Agro do Muíño

-Arteixo

CEIP de Arteixo

-Arzúa

CEIP de Arzúa

-As Pontes de García Rodríguez

CEIP Plurilingüe Santa María

-Betanzos

IES Francisco Aguiar

-Brión

IES Brión

-Cambre

CEIP Portofaro

-Carballo

CEIP Xesús San Luís Romero

-Cerceda

CPI Plurilingüe O Cruce

-Corcubión

CEIP Praia de Quenxe

-Culleredo

CEIP Plurilingüe Sofía Casanova

-Culleredo

CEIP Isaac Díaz Pardo

-Ferrol

CIFP Leixa

-Malpica de Bergantiños

CEIP Milladoiro

-Muros

CEIP Plurilingüe de Louro

-Narón

CEIP A Solaina

-Narón

CPI do Feal

-Oroso

IES de Oroso

-Rianxo

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

-Santiago de Compostela

CEE A Barcia

-Santiago de Compostela

IES de Sar

-Sobrado

CEIP Plurilingüe Virxe do Portal

-Val do Dubra

CPI de Bembibre

Provincia de Lugo

-Antas de Ulla

CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla

-Burela

CEIP Plurilingüe Os Castros

-Chantada

IES Lama das Quendas

-Foz

IES de Foz

-O Vicedo

CEIP do Vicedo

-Xermade

CEIP Plurilingüe de Xermade

Provincia de Ourense

-Ourense

IES Eduardo Blanco Amor

-Ourense

CEIP Plurilingüe Irmáns Villar

-Vilamarín

CIFP de Vilamarín

Provincia de Pontevedra

A Guarda

CEIP Manuel Rodríguez Sinde

-Agolada

CEIP Plurilingüe de Agolada

-Baiona

CEIP Plurilingüe de Belesar

-Cangas

CEIP Plurilingüe do Castrillón-Coiro

-Marín

IES Illa de Tambo

-Marín

CEIP Plurilingüe da Laxe

-Mondariz-Balneario

CEIP Mondariz-Balneario

-Mos

CEIP Plurilingüe Pena de Francia

-Nigrán

CEE de Panxón

-O Porriño

CEIP Plurilingüe da Ribeira

-O Porriño

CEIP Plurilingüe Xosé Fernández López

-Poio

CEIP de Espedregada

-Pontevedra

EPAPU Río Lérez

-Tomiño

CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán

-Tui

CEIP Plurilingüe de Guillarei

-Vigo

IES Álvaro Cunqueiro

-Vigo

IES de Beade

-Vilaboa

CPI do Toural

Bibliotecas solidarias

Dende a Consellería de Educación lembran que algúns clubs de lectura establecen liñas de colaboración con bibliotecas públicas e entidades culturais do seu medio máis próximo, así como con centros de persoas maiores e outros espazos cidadáns.

Seguindo o anterior fío, a Consellería promove tamén o programa Bibliotecas Escolares Solidarias, en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Este curso participan 245 centros educativos de Infantil, Primaria, Secundaria e ensinanzas de réxime especial, case un 5%.

Por provincias, participan 102 centros da Coruña, 28 de Lugo, 24 de Ourense e 91 de Pontevedra. A relación completa de centros pode consultarse no Portal Educativo.

A iniciativa busca estimular o voluntariado cultural nas bibliotecas e a lectura entre o alumnado. Para iso impúlsase tanto a colaboración dos estudantes no funcionamento da biblioteca como o desenvolvemento de lecturas compartidas, tanto dentro do centro como fóra (en outros colexios, nas residencias de maiores, nos hospitais…).

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.