Once anos e medio de prisión para cada acusado polo homicidio do carniceiro do Mercado de Abastos de Santiago

26 Xaneiro 2026

Os dous homes acusados do homicidio do carniceiro compostelán Antonio Costa Martínez aceptaron unha condena de once anos e medio de prisión cada un tras alcanzar un acordo de conformidade coa Fiscalía e as defensas. O xurado foi ratificado este luns ante a Audiencia Provincial da Coruña e evita a celebración do xuízo con pacto previsto para esta mesma xornada.

R

Os feitos ocorreron na madrugada do 12 de novembro de 2024, cando os acusados iniciaron unha discusión coa vítima nas inmediacións do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela. O enfrontamento trasladouse posteriormente ao interior do recinto, onde se produciu un forcexo que acabou coa morte do carniceiro e causou feridas ao vixilante de seguridade do mercado que intentou mediar.

O crime provocou unha profunda conmoción na cidade, tanto pola violencia do suceso como pola relevancia social de Antonio Costa, un dos praceiros máis coñecidos do mercado compostelán.

Ambos os acusados recoñeceron os feitos e aceptaron as penas impostas. Permanecían en prisión provisional desde a súa detención, que tivo lugar poucas horas despois do suceso. Ademais da condena de cárcere, deberán pagar unha multa por un delito de lesións, cumprir cinco anos de liberdade vixiada tras a súa excarceración e aboar unha indemnización de 580.000 euros á familia da vítima.

O acordo tamén establece o pago de responsabilidades civís ao vixilante de seguridade ferido, con 15.000 euros polos días de curación e outros 15.000 euros polas secuelas derivadas da agresión.

A conformidade supón unha rebaixa significativa respecto á petición inicial da Fiscalía, que solicitaba 14 anos de prisión por homicidio para cada acusado, ademais doutros dous anos polas lesións. Con este acordo, a causa queda pechada sen necesidade de constituír un xurado popular, poñendo fin a un procedemento xudicial seguido con especial atención en Santiago polo impacto do crime na cidade e no Mercado de Abastos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.