O vindeiro martes comezan en Muros e Esteiro os paseos saudábeis impulsados polo Concello

09 Xaneiro 2026

O vindeiro martes 13 de xaneiro levarase a cabo a primeira actividade do ano do Programa de Promoción da Saúde en Muros, impulsado polo Concello ao abeiro da súa participación na Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e co obxectivo de “fomentar os hábitos de vida beneficiosos na veciñanza en áreas como a actividade física, a alimentación saudábel e o benestar emocional”.

O próximo martes 13 de xaneiro comezan as actividades do programa, cunha sesión informativa sobre recomendacións de actividade física para o adulto maior:

-Ás 09:30 horas, na Casa da Sociedade de Esteiro.

-Ás 11:15 horas no Local de Servizos Sociais de Muros.

No marco desta actividade, todos os martes das semanas posteriores promoveranse paseos saudábeis de 1 hora de duración polas contornas de Esteiro (de 09:30 a 10:30 horas) e Muros (de 11:15 a 12:15 horas).

“A nosa veciñanza poderá realizar actividades físicas e asistir a sesións formativas sobre alimentación saudable, hixiene do sono e benestar emocional, entre outras temáticas”, explica a alcaldesa de Muros, María Lago.

O concelleiro de Servizos Sociais, Mario Martínez Lago, confía “na consolidación desta iniciativa, fomentando en Muros os hábitos de vida saudables”.

Para inscricións e máis información, as persoas interesadas deben poñerse en en contacto cos Servizos Sociais de Muros (rúa Rosalía de Castro, n.º 30); no teléfono 981 76 24 65 ou a través do enderezo electrónico servizos.sociais@muros.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.