O sistema de fidelización da ABE supera os 40.500 rexistros en 2025

26 Xaneiro 2026

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) fai unha valoración “moi positiva” do funcionamento do seu sistema de fidelización durante 2025, un exercicio no que se acadaron 40.542 rexistros, participaron 5.120 persoas usuarias e se entregaron 282 premios, consolidando “esta ferramenta como un dos principais instrumentos de dinamización do comercio local en Boiro”, explicou a patronal, engadindo que o sistema permite acumular o 10 % do importe de cada tícket ou factura en puntos para cambiar por agasallos do catálogo de puntos, sen necesidade de rexistro previo, e son válidas as compras realizadas nas 212 empresas asociadas á ABE, facilitando así unha participación sinxela, accesíbel e directa para toda a clientela.

A ABE engade que os datos reflicten “unha evolución moi positiva nos últimos anos”. En 2023 contabilizáronse 30.993 rexistros con 2.805 persoas usuarias; en 2024 alcanzáronse 33.820 rexistros e 4.150 usuarios; e en 2025 produciuse un novo incremento ata os 40.542 rexistros e 5.120 usuarios, o que supón un crecemento do 30 % en rexistros e do 83 % en usuarios respecto de 2023.

Os meses con maior actividade en 2025 foron agosto (4.058 rexistros), xullo (3.995) e decembro (3.950). Pola súa banda, marzo destacou como o mes con máis premios entregados (73), debido a que os puntos acumulados o ano anterior caducan o 31 de marzo, o que incentiva os cambios nese período.

No apartado de agasallos, os máis demandados foron os bonos ABE, con 121 cambios realizados, seguidos dos paraugas, con 65 unidades entregadas, confirmando a boa acollida de recompensas útiles e vinculadas ao comercio local.

Ademais, durante o pasado ano, a través desta aplicación desenvolvéronse 8 campañas promocionais: catro delas baseadas no sorteo de lotes de produtos (Día da Nai, Día do Pai, San Valentín e Magosto), dúas campañas nas que se sortearon bonos ABE por un valor superior aos 2.000 euros (Quincenas Fantásticas e Ola Primavera), e unha campaña con fins solidarios na que os rexistros se converteron en doazón a favor de Cruz Vermella.

Desde a ABE destácase que “este sistema non só impulsa as vendas nos establecementos asociados, senón que tamén fortalece a relación coa clientela, promove hábitos de consumo responsábel e contribúe á fidelización do consumo no comercio local de Boiro”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.