O Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra de Lousame acolle un novo mural de temática ambiental elaborado polo voluntariado local

08 Xaneiro 2026

Un grupo de mozas e mozos da Rede de Voluntariado de Lousame veñen de elaborar un mural con temática ambiental e deportiva na parede principal do Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra.

Trátase dunha iniciativa realizada a través dun obradoiro de pintura mural organizado por Vella Escola Cultura Urbana (con sede en Noia e ámbito de actuación no Barbanza e en Galicia) e o Concello de Lousame, que conta con financiamento da Deputación Provincial da Coruña.

A rapazada participou no deseño e execución do mural, para o que escolleron unha temática ambiental e deportiva, mesturando unhas viñas coa frase Trail de Lousame. Os seis mozos e mozas que participaron no pintado do mural estiveron toda unha mañá traballando xunto á monitora de Vella Escola Cultura Urbana, quen se encargou de perfilar o debuxo e de darlle o acabado final horas despois.

A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, visitou a iniciativa xunto ao concelleiro de Protección Civil, José Antonio Ces; e a concelleira de Deportes, Mariel Agrafojo. Todos eles felicitaron á rapazada polo seu traballo e destacaron a calidade do resultado final, que dende agora poden desfrutar todas as persoas usuarias do polideportivo municipal de Lousame.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.