O Museo de Pontevedra acolle este mércores a presentación da banda deseñada que reconstrúe a vida de Castelao na cidade do Lérez

26 Xaneiro 2026

A Deputación de Pontevedra presenta o próximo mércores 28 de xaneiro ás 19:00 h no Edificio Castelao a banda deseñada Castelao en Pontevedra (1916-1936), editada por Almacén de Fábulas para a institución provincial. O seu autor, Miguel Pérez Ramudo, explicará o proceso creativo detrás deste cómic de 64 páxinas en tapa dura, que presenta un percorrido biográfico e artístico polos vinte anos nos que o intelectual e artista viviu en Pontevedra.

Na presentación, Pérez Ramudo estará acompañado pola directora do Museo, Ángeles Tilve, e pola responsábel de Publicacións, Ángela Comesaña.

Castelao en Pontevedra (1916-1936) estruturarase como un diario no que o seu protagonista nos conduce polos momentos clave da súa vida a través da súa voz interior, coa participación activa dos intelectuais, artistas e pensadores que moldearon o ambiente cultural da época, como Cabanillas, Risco, Losada Diéguez e Bóveda, entre outros.

Este tecido de figuras serve para contextualizar o impacto de Castelao e tamén para destacar o papel de toda unha xeración comprometida coa identidade e o patrimonio galegos.

Nese período comprendido entre 1916 e 1936, o cómic recolle momentos clave da biografía de Castelao, como a súa intervención na Asemblea Nacionalista de Lugo (1918), a viaxe a Francia, Béxica e Alemaña (1921), a morte do seu fillo (1928), a edición do álbum Nós (1931), o desterro en Badajoz (1934) ou os acontecementos de 1936, coa súa elección como deputado pola Fronte Popular, a campaña e aprobación do Estatuto de Galicia e o alzamento militar que dá inicio á Guerra Civil e provoca o seu exilio. O libro inclúe un rico rexistro visual no que as viñetas recrean minuciosamente obras de Castelao e usan como fonte moitas fotografías da súa vida e un amplo abano de imaxes de arquivo: paisaxes rurais, rúas e prazas, carteis e escenas da vida cotiá.

Miguel Pérez Ramudo, natural de Cambados, é o ilustrador e guionista desta obra. Conta cunha notable experiencia na translación a viñetas da biografía de personalidades da cultura galega. No ano 2020 gañou o 1º premio Xuventude Crea na categoría de banda deseñada por Joaquín Vaamonde (1871-1900). Unha promesa truncada da Xeración Doente. Tamén é autor de Ricardo Carvalho Calero. Unha biografía en viñetas (Lela Edicións, 2020).

O cómic pode adquirirse en libraría e no propio Edificio Castelao do Museo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.