A Sociedade Liceo de Noia vai acoller en marzo un curso de primeiros auxilios dirixido a todas as persoas interesadas en aprender a actuar ante situacións de emerxencia. Celebrarase o vindeiro sábado 7 de marzo e desenvolverase en horario de tarde, de 15:00 a 21:00 horas, na sede do Lice. O prezo será de 20 euros. As inscricións están abertas na Rede ou escaneando o código QR que aparece no cartel. Dende o Liceo fan un chamamento a participar nesta xornada formativa, de gran utilidade para “adquirir coñecementos básicos que nos poden axudar a salvar vidas”. Achegaranse conceptos teóricos sobre primeiros auxilios e tamén recursos prácticos como RPC básico, como actuar ante obstrucións da vía aérea por un corpo estraño, como atender a unha persoa inconsciente, como controlar hemorraxias e como mobilizar ou inmobilizar con materiais de fortuna.





