O legado de Castelao ateigou o Auditorio de Rianxo na homenaxe nacional do BNG

12 Xaneiro 2026

A vila de Rianxo celebrou este domingo 11 de xaneiro a Homenaxe Nacional a Daniel Castelao organizada polo Bloque Nacionalista Galego: un acto onde o Auditorio Municipal rianxeiro quedou pequeno para lembrar ao pai do nacionalismo.

Interviron a portavoz do BNG Rianxo, Sarela Betanzos; a deputada no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez; e a portavoz nacional, Ana Pontón.

A celebración tivo lugar no día no que se cumpren 76 anos do seu pasamento e comezou coa reencarnación do político na pel do intérprete Lucho Penabade. Ata alí mobilizáronse persoeiros de todo o país para lembrar a obra do referente do nacionalismo galego por excelencia.

Na sala principal do Auditorio respiráronse mensaxes antiimperialistas e referentes ao dereito da autodeterminación do noso país Galiza, que conectaron a vida e obra de Castelao coa máxima actualidade política.

A portavoz nacional do BNG, dirixeuse ao público alí presente para lembrar ao que foi o primeiro presidente da república no exilio: “Castelao é un faro, unha grandiosa referencia ética, social, política e artística para o noso país e o mundo. Por iso cómpre estar alerta de quen pregoa un Castelao fóra de ideoloxías.”

A choiva non parou a forza militante que se achegou ata o busto de Castelao situado no Paseo da Ribeira para depositar a ofrenda floral habitual con máis de 400 cravos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.