O IES Eusebio Lorenzo Baleirón acolle unha mostra internacional pola prevención de lumes forestais impulsada por Lois Gil Magariños

30 Xaneiro 2026

Dodro vai acoller estes días a iniciativa internacional Arte postal, incendios/cortalumes, un proxecto impulsada polo artista Lois Gil Magariños que ten como finalidade sensibilizar á poboación sobre a necesidade de previr os lumes forestais e a importancia do uso, aproveitamento e coidado dos nosos montes, especialmente, nun contexto de cambio climático.

O proxecto inclúe unha mostra artística de máis dun milleiro de postais sobre esta temática, na que participan artistas e comunidades escolares de 24 países, que responderon a unha convocatoria pública e aberta, xuntando e enviando as súas creacións para contribuír á loita contra os lumes forestais.

Esta mostra estará exposta no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro, entre o 6 e o 20 de febreiro, en horario escolar. Durante ese tempo desenvolveranse distintas actividades divulgativas e pedagóxicas destinadas á poboación, nas que participarán, entre outros, o alumnado dos centros educativos municipais e as persoas usuarias do Centro de Día de Dodro.

Tamén colaboran nesta iniciativa distintos axentes sociais como representantes das Comunidades de Montes locais, técnicos municipais, responsables políticos e axentes da brigada do Distrito Forestal IV do Barbanza. Estes axentes informarán á cidadanía de cuestións relevantes como as especies pirófitas, prácticas e normativas que regulan o uso e coidado do monte e describirán o seu traballo, con demostracións que inclúen o uso de ferramentas e vehículos específicos.

O proxecto desenvolverase e viaxará polos municipios da Comarca do Sar, Pontecesures, Teo e Ames, poñendo en valor a importancia da implicación e loita colectiva na prevención e erradicación dos lumes forestais.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...