O Goberno e o sector pesqueiro pactan flexibilizar o Regulamento europeo de Control da Pesca

19 Xaneiro 2026

O Goberno central e o sector pesqueiro acordaron flexibilizar a aplicación do novo Regulamento europeo de Control da Pesca co obxectivo de facilitar o seu cumprimento por parte da frota. O acordo produciuse nunha xornada marcada pola paralización da actividade pesqueira e o peche das lonxas en todo o Estado.

O Ministerio competente adoptará con carácter urxente unha resolución pola que os erros ou omisións na estimación das cantidades rexistradas no diario de bordo para capturas inferiores a 50 quilos por especie non se considerarán infracción, sempre que a declaración de desembarque recolla correctamente as cantidades por especie.

A Secretaría Xeral de Pesca dará instrucións específicas aos servizos de inspección e control para garantir a aplicación desta resolución. Ademais, España solicitará á Comisión Europea unha modificación do regulamento para que este tipo de erros non sexan considerados incumprimentos. Mentres non se tramite ese cambio normativo, o Goberno pedirá tamén a modificación do anexo correspondente co fin de evitar que estas situacións se tipifiquen como infracción grave.

Esta proposta será trasladada ao próximo Consello de Ministros de Agricultura e Pesca da Unión Europea, previsto para o 26 de xaneiro en Bruxelas.

No relativo á anotación das capturas por operación de pesca, a obriga considerarase cumprida cando a información se facilite polo menos unha vez ao día, antes da entrada a porto ou no lugar de desembarque. En canto á notificación previa de chegada a porto, establecerase que se realice no momento no que o buque poña rumbo a porto, polo que o prazo poderá ser inferior ás catro horas recollidas no regulamento. Esta previsión non se aplicará nos casos con prazos específicos nin nos buques sometidos a obrigas concretas de preaviso.

Mobilizacións e paralización da frota

O sector comprometeuse a colaborar na aplicación destas medidas e acordou celebrar unha nova reunión para avaliar a súa execución. O encontro coincidiu cunha xornada de mobilización xeral do sector pesqueiro, na que as frotas non saíron faenar e as lonxas permaneceron pechadas como mostra de rexeitamento ás novas medidas de control impostas pola Unión Europea.

Os pescadores advertiron do impacto da normativa comunitaria e da súa aplicación nos últimos anos, alertando da falta de rendibilidade, da caída do consumo e das dificultades crecientes para manter a actividade.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.