O espectáculo de monicreques “Nanai da China” recala en Outes o 24 de xaneiro

20 Xaneiro 2026

O espectáculo teatral Nanai da China, da compañía Pérez&Fernández e da produtora Urdime (gañadora do Premio María Casares á mellor montaxe de monicreques en 2024), vai recalar en Outes o vindeiro sábado 24 de xaneiro na Casa da Cultura, a partir das 1900 horas.

Nanai é unha nena que naceu unha noite sen lúa. Os seus veciños e veciñas rexéitana dende que nace, por pura superstición. Ela só sabe dicir que non, e axudar ao seu avó a cultivar o arroz máis delicioso desta beira do Yangtsé en compañía de Chispúm, un simpático búfalo de auga. Para loitar contra a estúpida superstición da xente, Nanai e o seu avó elaboran un plan que non sae todo o tempo tan ben como debería…

Nanai da China é un espectáculo de teatro onde as marionetas e os actores se fusionan para representar este conto orixinal cheo de maxia, aventuras, e humor.

Para público infantil e familiar (maiores de 5 anos).

O prezo da entrada será de 4 € (1,50 € para persoas con carné xove, menores de 12 anos, maiores de 65 anos e en situación de paro).

Entradas á venda na Casa da Cultura e en bandoticket.com.

Texto orixinal Xabier Romero
Adaptación e dirección Victoria Pérez
Elenco Victoria Pérez, Manu Fernández
Produción Pérez&Fernández

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.