O domingo 25 estará marcado por ceos nubrados e chuvascos que remitirán pola tarde

24 Xaneiro 2026

O domingo 25, Santa Elvira, presentarase como unha xornada de transición, á espera da chegada dunha nova fronte que avanzará durante a madrugada. Ao longo do día agárdanse ceos parcialmente nubrados e chuvascos, que serán máis activos durante a mañá, cando incluso poderán ser localmente tormentosos.

Co avance da tarde, as precipitacións tenderán a ir remitindo, dando paso a unha situación algo máis estable.

As temperaturas experimentarán un ascenso xeral, máis acusado no caso das mínimas. En canto ao vento, soprará do oeste de intensidade moderada, con intervalos fortes no litoral norte.

O noso mar; Vento do oeste á mañá, do noroeste á tarde e do sur á noite, forza 6 a 7 á mañá, 3 a 4 á tarde e 4 a 6 á noite. Media vaga á mañá, marusía á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade regular á mañá, boa á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá, 5 a 6 metros á tarde e 4 a 5 metros á noite.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.