O director de XERA visitou en Rianxo a sede dos estaleiros Catoira

22 Xaneiro 2026

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Alfredo Fernández Ríos, visitou na mañá deste xoves 22 de xaneiro a sede dos Astilleros Catoira en Rianxo, onde mantivo unha reunión de traballo coa Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (AGALCARI) para coñecer de primeira man a realidade das empresas dedicadas á construción de embarcacións de madeira en Galicia.

Fernández gabou o labor que realiza AGALCARI desde a súa constitución en 2007, unha entidade que agrupa ao 98 % das carpinterías de ribeira activas actualmente na comunidade, a maioría delas emprazadas na ría de Arousa, que xeran un centenar de empregos directos e preto de medio milleiros indirectos ademais de representar un volume de facturación anual de 10 millóns de euros.

O director de XERA lembrou “a oportunidade que ofrece o emprego da madeira no sector da construción naval para a descarbonización da economía galega, ao tratarse dun material de reciclaxe,  transformado en procesos sustentábeis cada vez máis optimizados, que ofrece prestacións avanzadas de interese na renovación da flota auxiliar, e que ademais non presenta problemas para o despezado pola reciclabilidade dos seus elementos”.

O director da XERA tamén apuntou á oportunidade de negocio para a cadea monte-industria co emprego de madeira local de piñeiro, carballo ou eucalipto, entre outras.

“Preservar os saberes dos carpinteiros e da construción naval tradicional é preservar a nosa historia e identidade – destacou Fernández Ríos – pero, ademais, é recoñecer o valor da tradición como un piar fundamental para o desenvolvemento da innovación e a xeración de mercados de maior valor engadido para os recursos forestais”.

A visita serviu tamén para lembrar que a Xunta, a través da XERA, pon a disposición de empresas e asociacións “varias liñas de axuda para a divulgación, mellora da formación e incorporación da tecnoloxía nos estaleiros” da que se poderán beneficiar os asociados de AGALCARI, engadiu.

As técnicas construtivas da carpintería de ribeira foron declaradas en 2017 como ben de interese cultural do patrimonio cultural inmaterial de Galicia para recoñecer o seu valor cultural sobranceiro na conformación da identidade do pobo galego e colaborar á concreción de medidas para a súa salvagarda.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.