O Concello de Ribeira adxudica o contrato para a diagnose de situación e usos do Mercado Municipal e formación “mentoring”

15 Xaneiro 2026

O Concello de Ribeira informa da adxudicación do contrato para os servizos de diagnose de situación e usos do Mercado Municipal e formación mentoring para as/os praceiras/os que, ademais, posibilita avanzar no camiño cara a conseguir o selo de Mercado Excelente. Trátase dunha actuación financiada ao 80% a través dunha subvención concedida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, mentres que o restante será aportado por fondos propios.

O Mercado de Ribeira unha imaxe de arquivo

O Concello explicou que a diagnose “permitirá obter unha radiografía precisa do estado actual do mercado, facilitando a toma de decisións informadas para a súa modernización e optimización”, e ademais “servirá como base para deseñar un plan de acción personalizado que responda ás características específicas do mercado, aliñando os investimentos coas necesidades reais de comerciantes e usuarios”.

A maiores, “é fundamental para asegurar a sustentabilidade e relevancia da praza de abastos nun contorno comercial cada vez máis competitivo e
cambiante”, engadiu o Concello.

En canto á formación, permitirá comezar a traballar cos praceiros/as no aumento da calidade do servizo. O obxectivo será “consolidar e promover as vendas dos postos da praza de abastos, á par que aumentar a calidade do proceso compra-venda e mellora da atención ao cliente; así coma a mellora da colocación dos produtos e a súa situación hixiénico-sanitaria”.

Trataranse temas relacionados coa mercadotecnia (marketing), o material de promoción (merchandising), a rendibilidade do punto de venda, a atención
ao cliente, a calidade e condicións hixiénico sanitarias…

Presentáronse un total de dúas empresas, resultando a mellor oferta a de Crea e Innova Asociadas, S.L., por un importe de 13.128,50 euros, IVE incluído. O prazo máximo de duración do contrato será de oito meses a contar dende a adxudicación do mesmo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.