O Concello de Noia achega en febreiro un amplo programa festeiro para celebrar “un Entroido coma os de antes”

23 Xaneiro 2026

Noia prepárase para vivir unha edición moi especial do seu Entroido, na que, segundo informou o Concello ao tempo que compartiu o programa nas redes, “recupérase o mellor da tradición e se aposta por facer medrar a festa por toda a vila”. A axenda inclúe unha volta ás orixes do París Dakar (o venres 13), unha homenaxe festeira ao Entroido tradicional de Noia (o sábado 14), un Bingo do Entroido (o domingo) e, por suposto, o tradicional Enterro da Sardiña.

Volta ás orixes co Paris Dakar tradicional

O Entroido arrincará o venres 13 coa recuperación do Paris Dakar popular. Será, sinalou o Concello, unha edición coma as de sempre, pensada para saír en grupo, montar unha carroza artesanal ou disfrazarse e encher as rúas de ambiente. Rematará con animación musical na Carpa da Alameda. Quen estea interesado en participar pode consultar as bases na sede electrónica municipal.

Sábado 14: Noia converterase nun auténtico campo de festa

Durante todo o sábado 14 de febreiro haberá música e animación por diferentes puntos da vila, para que o Entroido se viva na rúa, nos bares e nas prazas. A xornada culminará cun dos pratos fortes desta edición: Noia con marcha: A Noia dos 90-00, unha gran festa de Entroido na que o Concello propón unha viaxe ao pasado para render homenaxe á Noia máis festeira, revivindo o ambiente dos anos 90 e 2000 e animando a todo o mundo a participar con disfraces inspirados nesas décadas.

O domingo chega o Bingo de Entroido

O domingo celebrarase un Bingo de Entroido, cita pensada para todos os públicos, con música, animación e moito ambiente festivo.

Luns 16: o Entroido é para os máis pequenos

O luns 16 será o Día do Entroido Infantil, cunha tarde chea de diversión con inchábeis, espectáculos, animación e desfile infantil de disfraces, para que nenos e nenas tamén teñan o seu gran protagonismo nestas festas.

O Entroido tamén se despide coa tradición do Enterro da Sardiña

No mércores de cinza, Noia volverá vivir o seu Enterro da Sardiña, con charanga, chocolatada e o percorrido fúnebre máis divertido do ano, mantendo viva unha das tradicións máis arraigadas do Entroido.

Venres 20: chega o gran Desfile de Entroido

O broche final porao o Gran Desfile de Entroido (O Paris Dakar dos últimos anos) cun percorrido polas rúas de Noia, música, ambiente festivos no que os participantes poderán optar a 7600 euros en premios. Podemos consultar as bases na sede electrónica do Concello de Noia.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...