O Concello de Dodro vai distribuír o calendario municipal na segunda quincena de xaneiro

16 Xaneiro 2026

O Concello de Dodro informou que vai comezar a distribuír entre a veciñanza e as entidades municipais o calendario institucional do ano 2026 durante a segunda quincena do mes de xaneiro.

Logo dos traballos de deseño e edición e das correspondentes revisións, o material gráfico atópase no seu proceso de produción, sinalaron dende o Consistorio, engadindo que tan axiña como a empresa responsábel das tarefas deposite nas instalacións municipais o conxunto de exemplares da publicación o Concello de Dodro comunicará á poboación, a través das redes sociais e lista de difusión de Whatsapp , que xa se poden obter os calendarios nos distintos servizos municipais (Casa do Concello, Casa da Cultura, Departamento de Servizos Sociais e Departamento de Deportes).

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.