O Concello de Boiro recolle 7.296 quilos de residuos orgánicos nos primeiros dous meses de posta en marcha do servizo

23 Xaneiro 2026

O Concello de Boiro puxo en marcha no mes de novembro a recollida de residuos orgánicos no contedor marrón de forma conxunta cos concellos de Rianxo e A Pobra. Facendo balance o Goberno local informou que durante os dous primeiros meses do ano recolléronse no municipio un total de 7.296 quilos.

A implantación do contedor marrón estase a realizar no municipio de xeito progresivo. Comezouse polos grandes produtores tales como bares e restaurantes, supermercados ou comedores de centros escolares. “A implantación do contedor marrón está dando moi bos resultados nestes primeiros meses, a cifra de residuos recollidos demostra a gran concienciación que existe xa por parte da veciñanza sobre a recollida selectiva”, recoñeceu o concelleiro Marcos Fajardo.

Paralelamente a esta implantación o Concello de Boiro estivo levando a cabo unha campaña de concienciación sobre a recollida selectiva e a implantación do quinto contedor co obxectivo de concienciar á veciñanza para cando se realice a súa instalación para a poboación xeral.

Ademais, dende a administración local lévanse a cabo un programa de compostaxe doméstica que se comezou no ano 2020 e mediante o que se levan repartidos no municipio arredor de 400 composteiros en vivendas unifamiliares.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.