O Concello da Pobra promoverá a conciliación das familias co lanzamento dos obradoiros de Entroido

29 Xaneiro 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal volverá promover a conciliación das familias do municipio co lanzamento dunha nova edición dos obradoiros de Entroido. A iniciativa, organizada pola Concellería de Igualdade, levarase a cabo do 16 ao 18 de febreiro no CEP Salutiano Rey Eiras.

A concelleira da área, Estefanía Ramos, reafirma deste xeito o compromiso do Goberno local con “este tipo de programas que lles dan facilidades ás familias da Pobra nos períodos non lectivos dos nenos e nenas”.

Poderán participar os nenos e nenas de infantil en primaria, que recibirán atención durante esas xornadas en horario de 9.00 a 14.00 horas. Ademais das propias actividades, ofréceselles ás familias a posibilidade de solicitar o servizo de madruga e comedor.

En canto ao prezo, este será de 15 euros, con bonificacións do 50% para o segundo/a irmá e do 100% para o terceiro/a. As solicitudes poderán tramitarse ata o mércores, 11 de febreiro, no rexistro municipal, no departamento de Igualdade (situado fronte ao Concello) ou na sede electrónica.

As persoas que precisen máis información poderán contactar co servizo de Igualdade no teléfono 981 832 764 (extensión 6) ou no correo electrónico igualdade@apobra.gal.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.