O Concello da Pobra destinará 76.800 euros a financiar tres programas de Servizos Sociais

15 Xaneiro 2026
A concelleira Amparo Cerecedo nunha imaxe de arquivo

O Concello da Pobra aprobou na mañá deste 15 de xaneiro unha proposta para destinar 64.965,22 euros do POS+Adicional da Deputación da Coruña para financiar varios proxectos da Concellería de Servizos Sociais: o comedor sobre rodas, o programa de cesta da compra e, por último, o alugueiro dunha das vivendas de emerxencia social.

Á achega provincial hai que sumar, así mesmo, a municipal, o que resulta nun total de 76.800 euros. A concelleira, Amparo Cerecedo, incidiu na importancia de dispoñer destes fondos e apuntou, ademais, que se “trata de plans transversais cos que se conseguen non só os obxectivos específicos para os que foron concibidos, senón tamén outros adicionais como, por exemplo, a inclusión social ou a resolución de conflitos”.

Por unha banda, a contía dedicarase ao comedor sobre rodas, un servizo de cátering de liña quente que conta cuns 24 usuarios e usuarias. Trátase dunha prestación coa que se prepara e reparte comida de xeito diario ás persoas maiores e/ou dependentes que non poden valerse por si mesmas para facer a compra ou o xantar, fundamentalmente.

A este hai que sumar, ademais, a cesta da compra, unha prestación que atende, mensualmente, a unha vintena de veciños e veciñas. Neste caso, o Concello realiza un envío mensual a persoas e familias en situación de vulnerabilidade ou emerxencia social. Durante a súa intervención, Cerecedo subliñou a transversalidade do programa, entendo que a maioría das persoas que acceden á cesta da compra tamén acceden a outros programas de inclusión da Concellería.

Por último, a contía destinarase tamén ao alugueiro dunha das vivendas de emerxencia social, que funciona como recurso habitacional temporal.

O punto saíu adiante por unanimidade da corporación municipal.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.