O Concello da Pobra aproba destinar o Plan Complementario da Deputación á reforma do parque infantil do Castelo

29 Xaneiro 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal aprobou destinar os 552.204 euros do POS+2026 da Deputación da Coruña a gasto corrente para garantir o correcto funcionamento de servizos básicos para a veciñanza. Na sesión plenaria ordinaria celebrada na mañá deste 29 de xaneiro a corporación municipal acordou tamén reservar os 221.766,83 euros correspondentes ao Plan Complementario 2026 para a remodelación e modernización do parque infantil do Castelo.

Segundo explicou o Goberno local, “a actuación permitirá renovar e actualizar os elementos existentes, mellorando a área de xogos e ampliando a súa capacidade, así como a diversidade de xogos dispoñíbeis”.

O proxecto pon especial atención na incorporación de novos elementos sen barreiras e nun deseño máis atractivo e inclusivo, pensado para un amplo rango de idades.

O Concello engadiu que “a intervención contempla tamén a reorganización e integración do mobiliario urbano e dos servizos da contorna, co obxectivo de reforzar este espazo como punto de encontro, socialización e desfrute ao aire libre, nunha zona moi frecuentada e valorada pola veciñanza e polas persoas visitantes, e que forma parte dos atractivos do centro do concello”.

Así mesmo, renovarase o pavimento amortiguador de caucho continuo en toda a superficie da área de xogos, mellorando as condicións de confort e seguridade.

Dende o Executivo sinalaron tamén que “dada a súa localización próxima ao tránsito rodado, prevese tamén a instalación dun valado de madeira nos accesos para reforzar a protección das persoas usuarias”.

A actuación completarase cun novo conxunto de bancos modulares de formigón prefabricado, que contribuirán a facer do parque un espazo máis cómodo e funcional.

Modificación de designación de dedicacións

O pleno deu luz verde á modificación de designación de dedicacións pola que o alcalde, José Carlos Vidal, asumirá a área de Deportes. Tal e como anunciaron o rexedor e o que era o edil da área ata o momento, Eloy Sobrido, a decisión está motivada por “falta de tempo”, xa que a Concellería de Deportes require unha dedicación moi elevada e unha presenza constante, algo que cualificaron como “moi difícil de compatibilizar” coa dedicación parcial de Sobrido.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.