O Concello confirma a visita dos Reis Magos á Pobra para vivir a xornada “máis máxica do ano”

03 Xaneiro 2026

Os Reis Magos confirmaron a súa visita anual á Pobra. Tal e como adiantou a concelleira de Servizos Municipais, Estefanía Ramos, será o luns, 5 de xaneiro, “e as Súas Maxestades de Oriente estarán connosco ao longo de todo o día nunha xornada máxica para maiores e pequenos”. Así, pola mañá, os monarcas farán un percorrido polas distintas parroquias en convertíbel (descapotábel) e pola tarde tomarán na tradicional Cabalgata e na ofrenda e recepción real.

Ese día, o percorrido matinal comezará ás 10.30 horas desde a aldea da Tomada para visitar as distintas parroquias e lugares do termo municipal. Esta ruta retransmitirase vía streaming a través da canle de Facebook do Concello da Pobra de Caramiñal. Ademais, ás 12.30 horas os Reis Magos desprazaranse á Residencia de Maiores da Pobra.

Pola tarde, a Cabalgata polo centro da vila dará comezo ás 17.00 horas. Neste caso, as Súas Maxestades partirán desde o peirao comercial (estación de autobuses) e pasarán polas rúas Díaz de Rábago, da Paz e Gasset ata chegar á liña de meta: o pavillón da rúa Venecia.

A xira real estará amenizado pola música dos grupos Troula co séquito do carteiro real, Barafunda Animación e Fanfarria Furruxa.

A instalación municipal acollerá, ás 18.00 horas, a ofrenda ao neno Xesús, o discurso dos monarcas e a posterior recepción, momento no que os máis pequenos e pequenas poderán facerlles as súas peticións aos Reis Magos. Esta parte da xornada estará amenizada pola música dun DJ e haberá tamén reparto de roscón para as persoas asistentes.

Coordinación

Durante a súa intervención, a edil incidiu na importancia do “traballo coordinado entre o persoal dos servizos de emerxencia, da policía local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, así como do resto de persoas voluntarias que intervirán na xornada”. Ramos deu as grazas tamén á Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Caramiñas, que “ceden os traxes de todos os paxes, do séquito e comitiva real”. A concelleira de Servizos Municipais concluíu animando a toda a cidadanía a saír “á rúa e vivir este día con ilusión”.

A previsión é que, ao longo da actividade se repartan uns 1.200 kg de caramelos sen glute.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.