O Centro Arqueolóxico do Barbanza convida á rapazada e ás familias a unha xornada participativa: “Viaxa ao pasado con Navia”

19 Xaneiro 2026

Esta fin de semana, o venres 23 e o sábado 24 de xaneiro, o Centro Arqueolóxico do Barbanza (Neixón, Boiro) vai acoller unha cita participativa dirixida ás familias: Viaxa ao pasado con Navia. Celebrarase polas mañás e pola tarde, con horario de 10.00 a 14.00 horas, e de 16.30 a 18.30 horas.

Segundo explican dende o centro, trátase dunha actividade destinada á rapazada e ás familias para desfrutar do museo en familia e achegar aos mais pequenos a prehistoria dun xeito lúdico e divertido.

Incluirá a elaboración dun gran caderniño colectivo (unha proba piloto) para recoller as opinións da cativada e dos maiores con vistas a recadar as súas opinións e suxestións e mellorar o servizo do Centro Arqueolóxico do Barbanza.

“Sabemos que moitas veces as familias visitan os museos xuntas, e que a maior parte dos contidos están pensados para público adulto. Por iso estamos a desenvolver un caderniño de actividades e xogos para que nenas e nenos poidan explorar o museo de maneira divertida, autónoma e ao seu propio ritmo”, informan dende a dirección do centro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.