O CEIP Ramón de Artaza de Muros celebra este sábado o seu 50 aniversiario

28 Xaneiro 2026

O CEIP Ramón de Artaza y Malvárez organiza este sábado, 31 de xaneiro, unha xornada festiva para celebrar o 50 aniversario do centro educativo.

O acto central, A Nosa Historia, celebrarase ás 11:00 coas intervencións de Aurora Rey Lago, actual directora do centro; Margarita Novo Malvárez, profesora titular de Historia de Arte na Universitat de les Illes Balears e alumna da 1ª promoción; J. Miguel Blanco Fernández, mestre e antigo director do centro, e María Lago lestón, alcaldesa do Concello de Muros e antiga alumna do centro.

Á mesma hora (11:00 horas), o Mago Paco actuará para o público infantil, e ás 12:00 horas descubrirase unha placa conmemorativa e realizarase unha visita ao museo “da nosa historia”.

“Será unha xornada especial e que seguro será moi emotiva, o Ramón de Artaza e xa un símbolo de Muros e por suposto teño moitos recordos do centro porque fun alumna”, adiantou a rexedora María Lago.

Pola súa banda, a concelleira de Ensino, Laura Rivadeneira, uniuse aos parabéns “a toda a comunidade educativa do centro, un exemplo de ensino público de calidade nestes 50 anos”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.