O bus do teatro do CDG leva este 9 de xaneiro á veciñanza do Barbanza e Sar á presentación de “Memorias dun neno labrego”

07 Xaneiro 2026

Os concellos da nosa comarca seguen a colaborar co Centro Dramático Galego e o seu programa de visitas á súa sede en Santiago, o Salón Teatro (o programa Sobes ao bus do teatro?). Este venres 9 de xaneiro, a veciñanza de Boiro, Rianxo, Dodro e Rois terá a oportunidade de asistir á representación de Memorias dun neno labrego, a nova produción do CDC e Contraproducións. O bus parará ás 15.15 en Boiro, na Casa da Cultura, e ás 15.30 en Rianxo, fronte ao Auditorio.

En Dodro recalará ás 15.50 na praza do Concello, e en Rois ás 16.10 diante do Consistorio, tamén.

A función dará comezo ás 18.00 horas no Salón Teatro. O prezo, 5 euros. As prazas serán limitadas, e requírese reserva.

Memorias dun neno labrego é un espectáculo baseado na obra emblemática de Xosé Neira Vilas. Dirixido por Cándido Pazó, Memorias dun neno labrego recupera a figura de Balbino, un personaxe clave da literatura galega contemporánea, para levar á escena unha serie de lembranzas que forman parte da memoria colectiva dunha Galicia rural marcada polo traballo, os silencios, as inxustizas sociais e os soños truncados. A montaxe, producida polo Centro Dramático Galego e Contraproducións, conta cun elenco formado por Xúlio Abonjo, Santi Romay, Manuel Cortés, Federico Pérez Rey, Iris Darriba, Mónica García e Ana Santos, e combina emoción, humor e unha relación directa co público para achegar esta historia a novas xeracións.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.