O BNG de Porto do Son critica ao Concello por “unha suba abusiva do imposto de construcións”

26 Xaneiro 2026

O BNG de Porto do Son emitiu un comunicado no que critica ao Concello por “subir de xeito abusivo o imposto de construcións”. En concreto, o grupo expresou o seu “firme rexeitamento á modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) que se prevé aumentar nun 234%, segundo o informe expedido polos departamento de Intervención”.

Din que estas medidas foron aprobadas polo Goberno local a través dos Orzamentos Municipais que recibiron luz verde en decembro, nos que figuraba un positivo de 12,9 millóns de euros para o ano 2026 co voto desfavorábel da oposición. Sinala o BNG que “nestas contas contemplábase unha suba xeneralizada dos impostos municipais, ratificándose un incremento do IBI e da taxa do IVMT dun 46%, o que supón un
incremento de 673.000 euros máis en impostos que recadan as arcas municipais”.

Balbino González, portavoz municipal do BNG, sostén que “o ICIO xa fora incrementado no ano 2024, canto o tipo de gravame pasou dun 2% ao 2,7%, e que agora se pretende subir de novo, non se pode volver a subir o imposto en menos de dous anos, e moito menos nesta cantidade”.

Segundo explican os nacionalistas, a nova ordenanza “introduce uns módulos de valoración que delegan nos técnicos municipais a tarefa de definir o orzamento das obras das que se solicite licenza, cando ata agora esa función correspondía aos promotores”.

O BNG sinala que “aínda que esta medida se xustifica para evitar diferenzas tributarias, en ningún caso debera traducirse nun aumento tan desproporcionado do imposto”. Consideran “totalmente desorbitado” que “unha vivenda unifamiliar que ata o momento pagaba entre 4.000€ e 5.000€ en concepto de licenza, pase agora a pagar entre 10.000€ e 12.000€”. Por todo isto, o grupo municipal do BNG do Porto do Son presentou unha reclamación solicitando “a improcedencia da aprobación da modificación da ordenanza”, xa que entenden que existen “vicios de nulidade tanto nos actos de trámite previos coma no propio contido da norma, incorrendo nunha desviación do ordenamento xurídico”.

“A reclamación converteuse nunha obriga ante unhas cantidades claramente abusivas que non se axustan á legalidade e que busca afogar á veciñanza ante unha planificación tributaria inexistente.”, incide Balbino.

Dende o BNG sosteñen que “estas subas responden á elevada débeda municipal que garda o Concello, algo que o propio Goberno local recoñece”.

Insisten en que “semella que esta é a única vía de aumento de ingresos que contempla o Goberno local” e que “urxe buscar novas alternativas de financiamento”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.