O artista Che Tembra aterra na Pobra con “Castelao na vila da area”, unha exposición en homenaxe ao autor

13 Xaneiro 2026

A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler acollerá este venres, 16 de xaneiro, ás 20.00 horas a inauguración da exposición Castelao na vila da area, que leva a sinatura do artista rianxeiro Che Tembra. A través de esculturas de ferro reciclado e tirando de memoria e crítica social, o artista proporá ao público unha relectura contemporánea da figura e do legado de Castelao.

A exposición reúne arredor dunha trintena de cadros e caricaturas escultóricas elaborados, fundamentalmente en ferro, aceiro e madeira autóctona. En todos os casos, trátase de materiais recuperados e transformados no obradoiro do artista en Fonte Susán (Taragoña, Rianxo).

As persoas asistentes á apertura da mostra poderán, ademais, gozar dunha actuación musical a cargo de Barahúnda. A colección de pezas poderá visitarse durante os meses de xaneiro e febreiro na instalación municipal.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.