O alcalde da Pobra asumirá Deportes tras un axuste organizativo por razóns operativas

20 Xaneiro 2026

O alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, asumirá a área de Deportes. Así o confirmaron na mañá deste 20 de xaneiro o propio rexedor e o concelleiro, Eloy Sobrido, que continuará ao fronte das áreas de Facenda e Mocidade.

Durante a súa intervención, o alcalde felicitou e agradeceu ao edil “o seu traballo e dedicación á fronte da concellería ao longo dos últimos anos”, explicando que o cambio se adopta “de mutuo acordo” e responde unicamente a razóns operativas. Tal e como sinalaron, a Concellería de Deportes require unha dedicación moi elevada e unha presenza constante, algo “moi difícil de compatibilizar” coa dedicación parcial de Sobrido.

Vidal incidiu en que esta modificación non supón alterar a liña de traballo do Goberno municipal e subliñou que o deporte “continuará sendo unha prioridade absoluta”. Así mesmo, reafirmou a súa disposición “para escoitar as necesidades de cada club e deportista” e avanzou a vontade de dar continuidade aos proxectos de mellora das infraestruturas xa iniciados, así como a outros novos que o Concello prevé executar nos vindeiros meses. “Asumo esta responsabilidade co obxectivo de poder axilizar a toma de decisións, supervisar os proxectos que xa están en marcha e asumir os novos desafíos da concellería. O meu despacho estará sempre aberto para escoitar aos deportistas”, recalcou Vidal.

Pola súa banda, Eloy Sobrido continuará á fronte de Mocidade e Facenda. Sobre esta última área, explicou que se trata “dun ámbito do que depende toda a actividade municipal, polo que seguirei estando á disposición do alcalde e do persoal de Deportes para todo aquilo que precisen”.

O primeiro edil valorou a xestión realizada polo edil, con importante avances e melloras nas instalacións deportivas e cun enorme pulo para as axudas e subvencións ás entidades. Tanto é así, que no 2025, o Concello destinou 224.346 euros á área de Deportes entre obras, mellora e acondicionamento nas instalacións e axudas tanto directas como indirectas a entidades. No apartado de novos investimentos, a cifra foi de 104.296 euros e no de mantemento de dependencias, de 40.000 euros. En canto ás subvencións a clubs, as axudas directas foron de 61.000 e as indirectas de 20.000 euros. 

Outros artigos

Ribeira e Santiago encabezan a vaga de solidariedade co pobo de Ceuta

A praza do Obradoiro congregou a centos de persoas diante de Raxoi, mentres que a veciñanza ribeirense respondeu á chamada institucional fronte á casa consistorial. Os actos enmarcáronse na convocatoria estatal da FEMP ante a crise migratoria e social que atravesa a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.