Muros proxecta esta fin de semana “Los guardianes del diente mágico”

09 Xaneiro 2026

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros proxecta esta fin de semana Los guardianes del diente mágico, unha aventura familiar chea de maxia e amizade que, ademais, “combina maxia, humor e valores como a amizade e a diversidade”, informou o Concello, engadindo que o filme poderá verse o sábado 10 e o domingo 11 de xaneiro ás 17:00 h.

Dirixida por Michael Johnson, Los guardianes del diente mágico preséntanos a Van, unha nova fada dos dentes inconformista que soña con descubrir que existe máis alá do seu mundo pechado. A súa aventura comeza cando coñece a Rupee, un adorable troll, e a Gemma, unha goblin apaixonada pola ciencia. Xuntos emprenderán unha misión épica para unir reinos separados polos prexuízos, mentres se enfrontan á ameaza da temible Raíña Araña.

A concelleira de Cultura, Caridad González, sinala que Los guardianes del diente mágico é “unha proposta pensada para gozar en familia, que combina entretemento e valores positivos, e que forma parte da aposta do Concello por unha programación de cine accesible para todos os públicos”.

Sesións

Sábado, 10 de xaneiro ás 17:00 h

Domingo, 11 de xaneiro ás 17:00 h

Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

Entradas dispoñíbeis na billeteira electrónica do Concello de Muros e nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.