Mofa e Befa levan a Muros “Os dous de sempre” o vindeiro 24 de xaneiro

19 Xaneiro 2026

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá o sábado 24 de xaneiro, ás 20:30 horas, a representación de Os dous de sempre, unha peza teatral de Producións Teatrais Excéntricas protagonizada por Mofa e Befa, dúo integrado por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, xunto a Josito Porto.

O espectáculo recupera as emblemáticas personaxes creadas por Castelao, Pedriño e Rañolas, dous amigos tan diferentes como inseparables que constitúen unha das parellas máis recoñecidas da tradición humorística galega. Un deles é un soñador idealista e arriscado; o outro, un materialista prudente e pragmático. Xuntos representan a oposición clásica entre corpo e alma, estómago e corazón, presente en numerosas duplas da literatura e do humor universal.

A concelleira de Cultura, Caridad González, destacou que Os dous de sempre é unha oportunidade magnífica para achegar ao público unha das obras máis representativas de Castelao desde o humor e a escena, da man de dúas figuras fundamentais do teatro galego como Mofa e Befa”. Ademais, subliñou que este espectáculo “abre a programación de artes escénicas do primeiro semestre de 2026 no auditorio, reforzando a aposta do Concello por unha oferta cultural estable, de calidade e con identidade propia”.

A función está recomendada para público maior de 13 anos e terá un prezo de entrada de 4 euros. As entradas poden adquirirse a través da billeteira electrónica do Concello de Muros e nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.