Martes 27 con tempo invernal nas Rías Baixas e Santiago con choivas intensas e vento

26 Xaneiro 2026

O martes 27 estará caracterizado por unha forte inestabilidade atmosférica debido á rápida formación dunha borrasca ao noroeste de Galicia e á entrada de aire frío en altura. Esta situación deixará unha xornada de chuvascos xeneralizados, localmente tormentosos, que poderán vir acompañados de sarabia.

A cota de neve situarase entre os 600 e os 800 metros, mentres que as temperaturas experimentarán un descenso en toda a comunidade (5 graos mímima e 12 de máxima). O vento soprará do suroeste, moderado en xeral, con intervalos fortes.

No litoral, a situación marítima será adversa, con vento forte e refachos moi fortes, especialmente na zona de Estaca de Bares, onde se recomenda extremar as precaucións.

meteogalicia

O noso mar: Vento do oeste á mañá, do oeste á tarde e do sur á noite, forza 4 a 5 á mañá, 5 a 7 á tarde e 6 a 8 á noite. Forte marusía á mañá, media vaga á tarde e vaga á noite. Visibilidade mala. Mar de fondo do oeste, con ondas de 4 a 6 metros á mañá e 5 a 7 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.