Mar apoiou con máis de 2,3 millóns a actividade das OPP (121.710 euros para a de Ribeira e 176.031 para a de Noia)

11 Xaneiro 2026

A Consellería do Mar fixo balance da súa actividade de apoio e impulso ás cooperativas pesqueiras. Segundo fixo saber, executouse o 100 % do importe da convocatoria do 2025 para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros (OPP), executados no 2024, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

Concretamente, máis de 2,3 millóns de euros que permitiron subvencionar estas accións, dirixidas a perfeccionar a actividade extractiva, a produción dos distintos recursos mariños e o impulso da pesca artesanal, tanto en termos de innovación como de xestión sustentábel.

Estes apoios distribuíronse do seguinte xeito: Organización de Produtores de Pesca Fresca do Porto de Vigo (OPP-4) 492.178 euros; Organización de Produtores Pesqueiros Porto de Burela (OPP-7) 395.849 euros; Organización de Produtores de Pesca Fresca do Porto de A Coruña (OPP-13) 107.033 euros; Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra (OPP-20) 109.546 euros; Organización de Produtores Porto de Celeiro (OPP-77) 281.859 euros; Acerga (OPP-82) 273.436 euros; Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía, Organización de Produtores Pesqueiros (OPP-83) 121.710 euros; Asociación Empresarial Parquistas de Carril (OPP-89) 365.812 euros; e Organización de Produtores Pesqueiros de Noia (OPP-95) 176.031 euros.

2ª convocatoria

Trátase da segunda convocatoria no marco do FEMPA desta liña de axudas que pon en marcha a Consellería do Mar, consolidando a estas entidades como unha ferramenta clave para que o sector gañe en competitividade e un mecanismo estratéxico para a estabilización dos mercados.

Xunto coa da anualidade anterior, o investimento total por parte do Goberno autonómico supera os 4,8 millóns. Uns apoios que permitiron custear estes plans que inclúen, entre outras medidas, un programa de produción para as especies capturadas ou criadas, unha estratexia para adaptar a cantidade, calidade e presentación da oferta ás esixencias do mercado e medidas preventivas especiais de adaptación da oferta para as especies que presentan dificultades de comercialización durante o ano.

Ademais, recollen outras medidas establecidas na Organización Común de Mercados de cara á sustentabilidade pesqueira como aquelas que axuden a fomentar as actividades pesqueiras viables e sustentables, evitar e reducir as capturas non desexadas das poboacións comerciais, axudar á eliminación da pesca ilegal, non declarada e non regulamentada e a mellorar a introdución no mercado dos produtos da pesca e da acuicultura.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.