José Carlos Vidal, alcalde da Pobra, novo presidente da Mancomunidade Barbanza Arousa

14 Xaneiro 2026

Na mañá deste mércores 14 de xaneiro levouse a cabo o novo pleno da Mancomunidade Barbanza Arousa (integrado por Ribeira, A Pobra, Rianxo e Boiro), no que se realizou o cambio anual de presidencia. Julián Bustelo, alcalde de Rianxo, despois de ter exercido a presidencia durante o ano 2025 destacou “a gran implicación dos 4 concellos para levar a cabo obxectivos tan importantes coma a ampliación das competencias de Mancomunidade e a execución de parte dos fondos Next Generation”.

Balance

Dende a xerencia da Mancomunidade explicaron que no ano 2025, liderado por Julián Bustelo, cumpriuse o reto histórico entidade supramunicipal de ampliar as súas competencias a outros eidos ademais da xestión turística; como son a recollida e tratamento de residuos, recollida e protección de animais e o mantemento e limpeza de vías e espazos públicos entre outros. Tamén se executou un proxecto de Destinos Turísticos Intelixentes, leváronse a cabo avances na cooperación público – privada e comezou a execución do PSTD Viaxe a través dos sabores.

Desafíos para 2026

Este ano 2026 comeza coas tarefas de poñer en marcha as novas liñas de traballo mancomunadas e o remate do Plan de Sostibilidade Turística, dotado con 1,5 millóns de euros. Con cargo a este plan estanse levando a cabo diferentes actuacións para que o visitante poida mergullarse no pasado e no presente da enogastronomía de Barbanza Arousa.

A creación dos museos da conserva e da salgadura, a realidade aumentada no Barrio dos Cataláns, a creación de aulas enogastronómicas; así coma rutas que vinculen estes recursos e as visitas a adegas e conserveiras “permitirán ao visitante vivir unha experiencia diferencial e de alto valor engadido”, explicaron os alcaldes, engadindo que nos vindeiros días comezará a execución do subministro e instalación de bicicletas e cargadores eléctricos e as obras do Museo da Conserva en Boiro. Asemade o próximo día 22 acaba o período de presentación de ofertas para a execución do Espazo Enogastronómico en Rianxo e nas seguintes semanas licitarase a posta en valor do Barrio dos Cataláns na Pobra do Caramiñal, o Museo da Sangadura de Ribeira, a creación dun produto enogastronómico e un plan de comunicación.

José Carlos Vidal recalcou tamén que o gran valor engadido da Mancomunidade é “a cooperación entre os concellos que permite que os proxectos se executen de forma eficaz e eficiente”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.