Francisco Castro achegará en Rianxo o 16 de xaneiro un concerto-recital de homenaxe a Castelao

09 Xaneiro 2026

No marco dos Actos Castelao 2026 impulsados polo Concello de Rianxo, que achegarán múltiples actividades culturais neste arrinque do ano, o Auditorio de Rianxo vai acoller o vindeiro venres 16 de xaneiro un concerto recital de homenaxe a cargo do músico e escritor Francisco Castro. Será a partir das 16.00 horas, con entrada de balde até completar a capacidade do Auditorio (a retirada de convites cómpre facela na billeteira dende unha hora antes do comezo do concerto).

Segundo informa nas redes o propio Francisco Castro, será o seu primeiro concerto do ano e “servirá de homenaxe, na súa terra, ao gran Alfonso Daniel Rodríguez Castelao”. O músico e escritor galego subirá ao escenario na compaña do percusionista Valerio Araujo e “xuntos faremos unha viaxe sonora pola miña música e por grandes temas da música galega, sempre con Castelao no corazón; será un concerto único e moi especial para reivindicar ao vello rianxeiro”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.