Este domingo celébrase a nova edición da BTT de Muros

21 Xaneiro 2026

As inmediacións do campo de fútbol Agra da Filgueira de Louro serán o escenario este próximo domingo, 25 de xaneiro, da BTT de Muros (3 horas de resistencia), unha das probas da Copa Galicia deste ano. Trátase dunha proba organizada polo Club Ciclista de Muros en colaboración co Concello.

O concelleiro de Deportes de Muros, Damián Torea, destaca “o éxito da proba do ano pasado, que estou convencido de que se repetirá este domingo”, convidando á veciñanza “a asistir ao campionato para desfrutar da espectacularidade da BTT”.

A alcaldesa de Muros, María Lago, considera que “esta proba en Louro serve para impulsar no noso concello o deporte ao aire libre, fomentando ademais o deporte feminino para todas as idades”.

Na presentación estiveron tamén José Romero, presidente do Club Ciclista de Muros, e Carlos Lestón, directivo do club.

Desde as 10:00 horas do domingo, haberá probas desde Cadete a Master 60 en categorías feminina e masculina.

Inscricións abertas ata mañá mércores, 21 de xaneiro, ás 23:59 horas en www.fgalegaciclismo.es

O Concello quere agradecer o traballo da Brigada de Obras municipal, Protección Civil de Muros, Policía Local, GES e Garda Civil de Muros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.