En Rianxo, sae a licitación a obra ampliar a rede de abastecemento entre Corques e Outeiro

30 Xaneiro 2026

O Concello de Rianxo informou da saída a licitación da obra destinada á ampliación da rede municipal de abastecemento de auga entre Corques e Outeiro, na parroquia de Taragoña.

A actuación, que conta con orzamento 90.713,70€, permitirá darlles servizo ás vivendas existentes na zona norte da AC-305 ao seu paso por Outeiro. Ademais, renovarase completamente o firme da estrada que comunica Outeiro con Corques.

Informar tamén de que o Concello rematou 2025 coa adxudicación de tres importantes obras que se executarán en datas vindeiras: a segunda fase do proxecto para a dotación de redes de abastecemento e saneamento en Vilas (Asados), por un importe de 194.386,50 euros; a ampliación das redes de abastecemento e saneamento en Meiquiz e Or (Leiro) cun investimento de 208.785,50€; e máis a renovación completa do firme da vía de acceso ao Montiño dende a DP-7203 (Taragoña), por un importe de 102.952,85€.

Ao devandito súmase a ampliación das redes de abastecemento e saneamento en Villanustre (Asados) – 194.386,50€.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.