Dúas persoas resultaron feridas tras un accidente de tráfico en Ribeira e un conductor ferido nunha saída de vía no Alto da Mámoa

31 Xaneiro 2026

Dúas persoas, entre elas un axente da Policía, resultaron feridas na madrugada tras verse implicadas nun accidente de tráfico en Ribeira.

O suceso produciuse pouco antes da unha da madrugada, cando os servizos sanitarios alertaron ao 112 Galicia dun sinistro con dous vehículos implicados na primeira saída cara a Baiuca, na estrada DP-7302, á altura do quilómetro 0, na parroquia de Artes, no municipio coruñés de Ribeira.

Tras recibir o aviso, o 112 mobilizou efectivos da Garda Civil de Tráfico, da Policía Nacional e Local, así como aos Bombeiros de Ribeira e ao Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal (GAEM).

Finalmente, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou o traslado das dúas persoas feridas a un centro hospitalario, sendo unha delas un axente policial.

Bombeiros Ribeira

Conductor ferido nunha saída de vía no Alto da Mámoa (Ribeira)

Un home de mediana idade resultou ferido, con pronóstico reservado, nun accidente de tráfico rexistrado pouco antes das 19.00 horas na zona do Alto da Mámoa, á altura do desvío cara ao complexo polideportivo de A Fieiteira, en Ribeira. O vehículo, un Citroën C4, seguiu recto nunha curva pechada á dereita e acabou impactando violentamente contra un muro.

Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia ás 18.57 horas. A partir desa chamada mobilizáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Policía Local, GAEM, Bombeiros de Ribeira e a Garda Civil de Tráfico do destacamento de Santiago.

Os axentes municipais regularon o tráfico mentres Bombeiros e GAEM inmobilizaban ao ferido, que presentaba mareos, empregando un collarín e unha camilla de pas. O equipo médico do PAC de Ribeira, desprazado nunha ambulancia asistencial do 061, prestoulle a primeira atención antes de trasladalo ao servizo de Urxencias do Hospital do Barbanza para unha avaliación máis completa.

A Garda Civil de Tráfico encargouse do atestado e autorizou a retirada do vehículo. Ademais, persoal do Consorcio Provincial de Bombeiros con base en Xarás limpou un vertido de hidrocarburos provocado polo impacto. A intervención concluíu arredor das 20.20 horas, restablecéndose a normalidade na circulación.

Bombeiros Ribeira

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.