Domingo 18, tempo será frío con ceos pouco nubrados ou despexados

17 Xaneiro 2026

Tanto en Rías Baixas como en Santiago de Compostela, o tempo será frío con ceos pouco nubrados ou despexados, e sen choivas importantes durante a noite e primeiras horas da mañá. As temperaturas manteranse baixas, propias desta época do ano (3 a 13 graos),

Este domingo, Galicia situarase nun corredor de ventos do norte pola entrada das altas presións. Esta situación deixará ceos con maior presenza de nubes nas provincias de Ourense e Lugo, onde se agardan precipitacións máis persistentes na Mariña lucense e máis ocasionais nas zonas de montaña.

Nas primeiras horas do día, as chuvias poderán ser en forma de neve en cotas arredor dos 1.000 metros. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, aínda que se prevén lixeiros ascensos puntuais.

O vento soprará moderado de compoñente norte, perdendo intensidade progresivamente ao longo da xornada.

meteogalicia

O noso mar; Vento do norte á mañá e á tarde e variable á noite, forza 3 a 4 á mañá e á tarde e 2 a 3 á noite. Marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e 1 a 2 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.