O concello de Dodro vai acoller unha xornada divulgativa dirixida á veciñanza para fomentar a correcta xestión dos residuos orgánicos e máis o uso da compostaxe doméstica. A xornada virá da man do Concello en colaboración coa sociedade ambiental autonómica SOGAMA. Terá lugar no Polideportivo Municipal de Dodro, o vindeiro 23 de xaneiro ás 19.00 horas. Segundo informou o Concello, durante a actividade informativa farase entrega ás persoas participantes de composteiros, cubos de lixo de 30 L. E darase unha charla informativa sobre a compostaxe a cargo de SOGAMA.




