Corte de tráfico en Noia pola mellora da instalación eléctrica na rúa Travesía e na corredoira Luis Cadarso

16 Xaneiro 2026

O Concello de Noia emitiu un aviso importante sobre novos cortes de tráfico na localidade. Explica que a empresa CRC está a realizar unha obra de mellora da instalación eléctrica na zona da rúa Travesía e na corredoira Luis Cadarso, unha intervención terá dúas consecuencias principais na circulación: por unha banda, ata pasado esta fin de semana, a rúa Travesía (O Ramal) permanecerá pechada ao tráfico, tendo que acceder á corredoira Luis Cadarso pola entrada da Porta da Vila; e pola outra, unha unha vez reaberta a rúa Travesía, o que ficará pechado será o treito desde a Travesía ata o final da Corredoira Luis Cadarso, que seguirá cortado ao tráfico ata a finalización da obra, cunha duración estimada de aproximadamente tres semanas. O Concello explicou tamén que lamenta as molestias e agradece a compresión da veciñanza e que “estamos en interlocución constante coa empresa CRC para tratar de minimizar o impacto na vida dos veciños e veciñas, valorando distintas alternativas para ir paliando a situación”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.