Concello e veciñanza de Rianxo renden homenaxe a Castelao, co apoio da Xunta, o Goberno, a Deputación e outros municipios da comarca

31 Xaneiro 2026

Este sábado 31 de xaneiro celebrouse en Rianxo un dos actos centrais dos Actos Castelao 2026, programados polo Concello para conmemorar a memoria do seu ilustre veciño, o escritor, político e debuxante Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

A actividade deste sábado incluíu unha ofrenda floral e intervención de autoridades, con acompañamento musical do grupo tradicional local Fogo Fatuo.

De seguido presentouse no Pazo de Martelo o cadro Castelao da serie Yiban doado á Fundación Castelao polo artista Fernando Yáñez.

Participaron representantes do Concello, da Corporación, da Xunta e da Asociación Etnolóxica Castelao.

Tamén participaron, acompañados do alcalde rianxeiro Julián Bustelo, o secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o subdelegado do Goberno, Julio Abalde.

Igualmente, fixeron acto de presenza representantes doutros concellos veciños como Anxo Arca, alcalde de Padrón, ou José Carlos Vidal, alcalde da Pobra do Caramiñal (acompañado da concelleira Patricia Lojo).

O subdelegado definiu a Castelao como “un galego profundamente comprometido co seu tempo e coa súa xente, cuxa obra segue sendo plenamente actual”, e destacou que o seu legado continúa ofrecendo claves para entender a Galicia de hoxe.

O subdelegado puxo especial énfase no papel de Castelao na defensa e dignificación da lingua galega, lembrando que “nun momento no que o galego estaba relegado dos espazos públicos, Castelao demostrou que era unha lingua válida para a creación, para o pensamento e para a expresión política”. Nese sentido, subliñou que a súa achega foi determinante para consolidar o galego como un piar esencial da identidade colectiva.

Abalde referiuse tamén á dimensión política do intelectual rianxeiro, destacando o seu compromiso co galeguismo, co autogoberno e cos valores democráticos. “Mesmo desde o exilio, Castelao nunca deixou de pensar Galicia nin de defendela”, afirmou, lembrando que a súa traxectoria política estivo sempre vencellada á defensa da dignidade do pobo galego.

No marco da celebración do aniversario do seu nacemento, Julio Abalde agradeceu ao Concello de Rianxo a organización do acto e o seu compromiso coa memoria de Castelao, destacando a importancia de manter vivo o seu legado e de achegalo ás novas xeracións.

O subdelegado pechou a súa intervención cunha referencia ao discurso Alba de Gloria, pronunciado por Castelao no exilio, evocando a súa visión de Galicia como unha terra construída ao longo do tempo pola súa historia, pola súa lingua, pola súa cultura e pola súa xente.

Outros artigos

Este venres 11, máis sol co avance do día e temperaturas en ascenso

O reforzo da influencia anticiclónica e a entrada de circulación de vento do nordés marcarán a predición meteorolóxica deste venres, garantindo unha xornada de tempo seco e progresivamente máis despexado. Durante as primeiras horas da mañá predominarán as nubes baixas...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.