Aprazado o 1 de febreiro o Trail Series de Outes polo mal tempo

24 Xaneiro 2026

A nova edición do Trail Series de Outes, organizado por Arousa Neo en colaboración con CAO e co Concello que se ía ceelbrar este domingo 25 de xaneiro quedou aprazada o domingo 1 de febreiro debido o mal tempo, consercando as mesas características e horarios.

A saída será dende O Freixo (Centro Náutico). Haberá tres vertentes: curta (15 quilómetros de percorrido e 800 metros de desnivel), longa (21,5 quilómetros e 1.100 metros de desnivel) e modo andaina (15 quilómetros).

Dende o Concello explican que por mor da proba haberá un treito cortado ao tráfico entre o Náutico do Freixo e a saída do varadeiro á estrada xeral, entre as 9 e as 14.00 horas.

Participan preto de 400 deportistas inscritos nas tres ditas modalidades.

A entrega de trofeos será as 13.30 h. nos xardíns da praza do porto do Freixo, a carón do Nautico.

Na web da proba habilitada por Arousa Neo figuran detalles sobre a mesma, por exemplo o desnivel da ruta.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.