Catro axentes da Policía Nacional resultan feridos tras unha persecución en Ribeira

31 Xaneiro 2026

Catro axentes da Policía Nacional resultaron feridos na madrugada deste sábado durante unha persecución policial a un home que circulaba sen permiso de conducir no municipio de Ribeira.

Os feitos producíronse ao redor da unha da madrugada na parroquia de Artes, cando os axentes deron o alto a un vehículo que, lonxe de deterse, emprendeu a fuxida. Durante a persecución, o condutor circulou en sentido contrario por varias rúas e realizou manobras perigosas, poñendo en risco a seguridade viaria.

Afortunadamente, ao tratarse dunha intervención en plena madrugada, apenas había persoas na vía pública, polo que non se rexistraron máis feridos, máis aló dos catro axentes implicados.

Tras unha persecución cualificada como “complicada” , o individuo foi finalmente detido e acusado dun delito de resistencia e desobediencia á autoridade, así como dun delito contra a seguridade viaria por conducir sen un permiso de condución en vigor. O detido pasará a disposición xudicial entre mañá e o vindeiro luns.

Outros artigos

Noia alzou a voz contra a violencia machista

Na mañá deste mércores 25 de novembro, o alumnado dos centros educativos de Noia foi protagonista da lectura do manifesto con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A axenda deste mércores deu comezo ás 11.45 coa lectura da...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...